En Caranza, unha vez máis: Planta de Gas Fora da Ría !!
domingo, novembro 02, 2008 por Saúde e Liberdade !
Na Praza e Baixo do Centro Cívico de Caranza, tivo lugar, este 1 de Novembro o acto final da campaña "A Ría, na Rúa", cun Magosto Popular e a Exposición Colectiva dos 10 murais de 3,10 X 2,00 metros, confeccionados o pasado día 25 de Outubro, por 10 artistas da Comarca, nun acto revindicativo e de denuncia contra o despropósito gasístico de REGANOSA, coa localización dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Este acto estaba previsto facelo no centro de Ferrol, mais por mor das previsións meteorolóxicas, de mal tempo, como así se confirmaron, trasladouse para Caranza.
Moitas foron as persoas que desde as 5 da tarde pasaron polo lugar. Música, chourizos, touciño, castañas, refrescos e viño non faltaron no Magosto Popular.
A imensidade da exposición colectiva non deixou apreciar o importante patrimonio cultural colectivo que significan eses 10 murais, pois o espazo de exposicións do Centro Cívico, quedou pequeno para albergar as obras d@s artistas ferrolan@s. A organización comprometeuse a facer unha nova exposición coas 10 obras cando o tempo o permita nun espazo aberto.
A Asociación Veciñal de Caranza sorteou unha fermosa e práctica bicicleta entre as cabazas talladas que nenas e nenos realizaron nun improvisado obradoiro.
O acto finalizou coa intervención do coordenador da campaña, Xoam López, onde reiterou a denuncia contra REGANOSA, deu un repaso ao desenvolvimento da campaña "A Ría, na Rúa", á importancia das obras realizadas e agradecendo as colaboracións recebidas. A continuación houbo unha hora música e cancións populares. A loita continua !
________
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://www.comitecidadan.org
__________________
Marcador Exposición Colectiva e Magosto Popular | 0 Comments
0 comentários:
Postar um comentário