Mostrando postagens com marcador Exposición Colectiva e Magosto Popular. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Exposición Colectiva e Magosto Popular. Mostrar todas as postagens

En Caranza, unha vez máis: Planta de Gas Fora da Ría !!

domingo, novembro 02, 2008 por Saúde e Liberdade !


Na Praza e Baixo do Centro Cívico de Caranza, tivo lugar, este 1 de Novembro o acto final da campaña "A Ría, na Rúa", cun Magosto Popular e a Exposición Colectiva dos 10 murais de 3,10 X 2,00 metros, confeccionados o pasado día 25 de Outubro, por 10 artistas da Comarca, nun acto revindicativo e de denuncia contra o despropósito gasístico de REGANOSA, coa localización dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Este acto estaba previsto facelo no centro de Ferrol, mais por mor das previsións meteorolóxicas, de mal tempo, como así se confirmaron, trasladouse para Caranza.

Moitas foron as persoas que desde as 5 da tarde pasaron polo lugar. Música, chourizos, touciño, castañas, refrescos e viño non faltaron no Magosto Popular.

A imensidade da exposición colectiva non deixou apreciar o importante patrimonio cultural colectivo que significan eses 10 murais, pois o espazo de exposicións do Centro Cívico, quedou pequeno para albergar as obras d@s artistas ferrolan@s. A organización comprometeuse a facer unha nova exposición coas 10 obras cando o tempo o permita nun espazo aberto.

A Asociación Veciñal de Caranza sorteou unha fermosa e práctica bicicleta entre as cabazas talladas que nenas e nenos realizaron nun improvisado obradoiro.

O acto finalizou coa intervención do coordenador da campaña, Xoam López, onde reiterou a denuncia contra REGANOSA, deu un repaso ao desenvolvimento da campaña "A Ría, na Rúa", á importancia das obras realizadas e agradecendo as colaboracións recebidas. A continuación houbo unha hora música e cancións populares. A loita continua !

________

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://www.comitecidadan.org

__________________

Marcador | 0 Comments

"A Ría, na Rúa": Sábado 1 de Novembro Magosto e Exposición Colectiva na Praza do Centro Cívico de Caranza

sexta-feira, outubro 31, 2008 por Saúde e Liberdade !

[Debuxo tirado da web da A.C. Fuco Buxan]

Novembro, 1 : MAGOSTO e exposición "A Ría na Rúa" (cambio ubicación)

O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón, trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo Sábado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde, no Centro Cívico de Caranza, terá lugar o Acto de peche da semana de "A Ría, na Rúa", na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.

Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días, esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembro a partir das 5 da tarde celebrarase un MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.

Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortéase unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.

Difunde, participa, e sempre:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_________________

Marcador | 0 Comments

O Sábado, 1 de Novembro, "A Ría, na Rúa" estará no Cantón de Ferrol

quarta-feira, outubro 29, 2008 por Saúde e Liberdade !

O Sábado 1 de Novembro, terá lugar o acto final da Campaña "A Ría , na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade de arte, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense contemplar en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaremos as 10 obras no Cantón, desde as 5 da tarde, onde non faltará música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.


Participa !!


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Marcador | 2 Comments