"A Ría, na Rúa": Sábado 1 de Novembro Magosto e Exposición Colectiva na Praza do Centro Cívico de Caranza

sexta-feira, outubro 31, 2008 por Saúde e Liberdade !

[Debuxo tirado da web da A.C. Fuco Buxan]

Novembro, 1 : MAGOSTO e exposición "A Ría na Rúa" (cambio ubicación)

O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón, trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo Sábado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde, no Centro Cívico de Caranza, terá lugar o Acto de peche da semana de "A Ría, na Rúa", na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.

Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días, esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembro a partir das 5 da tarde celebrarase un MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.

Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortéase unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.

Difunde, participa, e sempre:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_________________

Marcador | 0 Comments

0 comentários:

Postar um comentário