Como prólogo ás xornadas de "A Ría na Rúa" que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e perxuízo que ocasiona a ubicación no interior da nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseiros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.
Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.
O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de "Planta de Gas Fora dá Ría" participando desta marcha artística e solidaria.
E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.
Enlace ao album de fotos
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
Mural no campo de deportes de A Parda, prólogo das xornadas "A Ría na Rúa" Outubro-2008, realizado polos compañeir@s do CCE.
_________
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________
Para acceder ou baixar:
+ info nos enlaces:
Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"
________________


![[ARiaNaRua-215.jpg]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgT6mOiiyE50G_smQKaGhZG05LV_eWaqTQkWSCRVpQdNNmaisbadouZa73YfhGaIg3UoeEyWRSxMLl607pdMx23ikcBMrLeCSyVrYab4Sd8fNZPYQ86RujOPg369MuAKqLTG4yo-Svcp_3c/s1600/ARiaNaRua-215.jpg)






![Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra - Por Susana Narotzky - Nueva York, Usamerica (1958) - 'Planta de Gas Fora da Ría': Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra, in M.Cunha e L. Cunha (organizadores), Intersecçoes Ibéricas, Margens, passagens e fronteriras, Lisboa: Graus Editora, pp.393-430 - [2007]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhWOaafHGwbsQjWMcz-4pxxkFKkmVsyFqtnfnWNuUVcBu324prVryES4a5fn2P3kq8Wz2k3tThJ99Wjg5zfYDvYPGRsC4kHR4P1Ot7RcyS7TDdJXXDLiiaIEgwTXt98njTaleKEDBzaBvn7/s320/Susana-Narotzky-170X60.jpg)
![O posición Sindical contra o despropósito gasista de Reganosa - Sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG] contra Reganosa Oposición Sindical contra o desproposito gasístico de Reganosa](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhV3B25UciM30YDiMJ3Lcs8JZ7zAUe20lu0TBRIjbnvNspizK_vHKaJAXS_eoaMwm3Um6Ji_P3AMeoK0yGWEMiDZEePEuJZC9zC5tO5w0bBljTRZz9PIigIjMKbHY7-3GW9HxPOWirZH9go/s320/sindical.png)






0 comentários:
Postar um comentário