Organizado polo Comitá Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
25 de outubro, ás 10 h. 10 pintor@s en 10 prazas da nosa Cidade, comezaran a realizar sendas pinturas murais que trasladarán as nosas Rúas, a nosa Ría e a problemática da Planta de Gas,.Ás 11,30 h., partindo do Centro Cívico de Caranza, iniciarase un Roteiro que percorrerá a cidade hasta o Peirao, visitando cada unha das obras pictóricas e amosando ós artistas o agradecemento pola súa colaboración e compromiso en defensa da Ría e da vida.
Invítase a toda a cidanía a participar neste Roteiro, portando as camisetas "Planta de Gas fora da Ría".
As obras ficarán expostas nas propias prazas, toda a semana,
O día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.
Colabora a Concellería de Cultura de Ferrol.
Itinerario do Roteiro:
Saída ás 11,30 do Centro Cívico de Caranza – Avda. Castelao – Marques Sta. Cruz – Sartaña – Nova de Caranza – Chile – Praza de Ultramar – Venezuela – Villa Soledad – Estrada de Castela – Praza do Inferniño – Avda. Viveiro – Estrada de Castela – Monumento Porta Nova – Ramón y Cajal – Avda. Esteiro – Españoleto – Praza do Himno Galego – Españoleto – Praza de España – Galiano – Carmen – Sol – Terra – Praza de Canido – Concepción Arenal – María – Terra – Praza de Armas – Terra – Praza da Constitución – Igrexa – Concepción Arenal – Dolores – Amboaxe – Real – San Francisco – Praza Vella- Peirao de Coruxeiras. (Duración aprox. : 2 horas)
________________
Difundir:
Para acceder ou baixar:
Cartaz en formato pdf
Folleto en Formato pdf
_______________
Enlaces Relacionados:
A Ría na Rúa

![[ARiaNaRua-215.jpg]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgT6mOiiyE50G_smQKaGhZG05LV_eWaqTQkWSCRVpQdNNmaisbadouZa73YfhGaIg3UoeEyWRSxMLl607pdMx23ikcBMrLeCSyVrYab4Sd8fNZPYQ86RujOPg369MuAKqLTG4yo-Svcp_3c/s1600/ARiaNaRua-215.jpg)






![Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra - Por Susana Narotzky - Nueva York, Usamerica (1958) - 'Planta de Gas Fora da Ría': Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra, in M.Cunha e L. Cunha (organizadores), Intersecçoes Ibéricas, Margens, passagens e fronteriras, Lisboa: Graus Editora, pp.393-430 - [2007]](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhWOaafHGwbsQjWMcz-4pxxkFKkmVsyFqtnfnWNuUVcBu324prVryES4a5fn2P3kq8Wz2k3tThJ99Wjg5zfYDvYPGRsC4kHR4P1Ot7RcyS7TDdJXXDLiiaIEgwTXt98njTaleKEDBzaBvn7/s320/Susana-Narotzky-170X60.jpg)
![O posición Sindical contra o despropósito gasista de Reganosa - Sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG] contra Reganosa Oposición Sindical contra o desproposito gasístico de Reganosa](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhV3B25UciM30YDiMJ3Lcs8JZ7zAUe20lu0TBRIjbnvNspizK_vHKaJAXS_eoaMwm3Um6Ji_P3AMeoK0yGWEMiDZEePEuJZC9zC5tO5w0bBljTRZz9PIigIjMKbHY7-3GW9HxPOWirZH9go/s320/sindical.png)






0 comentários:
Postar um comentário