Un video do Suso no Magosto popular e Exposición Colectiva do 1 de Novembro en Caranza
segunda-feira, novembro 03, 2008 por Saúde e Liberdade !
http://www.youtube.com/user/susete70
http://www.gratisweb.com/susoferrol/
http://www.ferrol.es.tl/
Marcador Videos | 0 Comments
Galería de Suso "A Ría na Rúa" 25 de Outubro e 1 de Novembro de 2008
segunda-feira, novembro 03, 2008 por Saúde e Liberdade !
25 de Outubro de 2008
Roteiro polas 10 prazas onde 10 artistas da Comarca pintaban 10 murais contra o despropósisto gasístico de REGANOSA
[http://ferrolsuso.blogspot.com/]
1 de Novembro de 2008
Magosto Popular e Exposición Colectiva, no Centro Cívico de Caranza, d@s 10 artistas que o pasado 25 de Outubro pintaron 10 murais contra o despropósisto gasístico de REGANOSA.
[http://ferrolsuso.blogspot.com/]
[Clicar acima da imaxe para entra na galería]
Marcador Galerías | 0 Comments
En Caranza, unha vez máis: Planta de Gas Fora da Ría !!
domingo, novembro 02, 2008 por Saúde e Liberdade !
Na Praza e Baixo do Centro Cívico de Caranza, tivo lugar, este 1 de Novembro o acto final da campaña "A Ría, na Rúa", cun Magosto Popular e a Exposición Colectiva dos 10 murais de 3,10 X 2,00 metros, confeccionados o pasado día 25 de Outubro, por 10 artistas da Comarca, nun acto revindicativo e de denuncia contra o despropósito gasístico de REGANOSA, coa localización dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Este acto estaba previsto facelo no centro de Ferrol, mais por mor das previsións meteorolóxicas, de mal tempo, como así se confirmaron, trasladouse para Caranza.
Moitas foron as persoas que desde as 5 da tarde pasaron polo lugar. Música, chourizos, touciño, castañas, refrescos e viño non faltaron no Magosto Popular.
A imensidade da exposición colectiva non deixou apreciar o importante patrimonio cultural colectivo que significan eses 10 murais, pois o espazo de exposicións do Centro Cívico, quedou pequeno para albergar as obras d@s artistas ferrolan@s. A organización comprometeuse a facer unha nova exposición coas 10 obras cando o tempo o permita nun espazo aberto.
A Asociación Veciñal de Caranza sorteou unha fermosa e práctica bicicleta entre as cabazas talladas que nenas e nenos realizaron nun improvisado obradoiro.
O acto finalizou coa intervención do coordenador da campaña, Xoam López, onde reiterou a denuncia contra REGANOSA, deu un repaso ao desenvolvimento da campaña "A Ría, na Rúa", á importancia das obras realizadas e agradecendo as colaboracións recebidas. A continuación houbo unha hora música e cancións populares. A loita continua !
________
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://www.comitecidadan.org
__________________
Marcador Exposición Colectiva e Magosto Popular | 0 Comments
"A Ría, na Rúa": Sábado 1 de Novembro Magosto e Exposición Colectiva na Praza do Centro Cívico de Caranza
sexta-feira, outubro 31, 2008 por Saúde e Liberdade !
O acto anunciado para o 1º de novembro no Cantón, trasládase, por motivo do mal tempo previsto, ao Centro Cívico de Caranza, quedando a convocatoria como segue:
Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e coa colaboración da Asociación de Veciños de Caranza e da Concellalía de Cultura de Ferrol, o próximo Sábado 1 de Novembro, a partir das 5 da tarde, no Centro Cívico de Caranza, terá lugar o Acto de peche da semana de "A Ría, na Rúa", na que dez artistas locais elaboraron sendas pinturas murais alusivas ao perigo da ubicación da Planta de Gas no interior da Ría e que permaneceron expostas os últimos días en 10 prazas da nosa cidade.
Para salvagardar dos efectos da chuvia e vento destes días, esta obra importante e desinteresada dos nosos artistas, chamada a ser patrimonio colectivo de Ferrol, vai ser exposta conxuntamente desde hoxe no vestíbulo do Centro Cívico de Caranza, e neste marco pictórico, o sábado 1º de Novembro a partir das 5 da tarde celebrarase un MAGOSTO POPULAR, onde toda a cidanía, a prezos simbólicos, poderá degustar castañas, chourizos, panceta, pan, viño, refrescos, leite, etc., nunha tarde festiva, de confraternización e reivindicativa, disfrutando da música enxebre.
Para as nenas e nenos que presenten unha cabaza decorada, sortéase unha bicicleta, por parte da A.VV, de Caranza, ainda que o mellor dos premios será contribuir coa súa arte a esta xuntanza en defensa dos noso dereitos e da nosa seguridade.
Difunde, participa, e sempre:
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_________________
Marcador Exposición Colectiva e Magosto Popular | 0 Comments
Homenaxe aos nosos artistas... Moitas grazas
sexta-feira, outubro 31, 2008 por Saúde e Liberdade !
[Postado por Arceibe o 29 de Outubro de 2008]
http://arceibe.blogspot.com/
[Ver imaxes do slide en formato grande]
Marcador Videos | 0 Comments
Collage "Confecionando o Mural que anuncia a campaña "A Ría na Rúa"
sexta-feira, outubro 31, 2008 por Saúde e Liberdade !
Postado por Suso
http://ferrolsuso.blogspot.com/
[Clicar acima da imaxe para comezar a presentación de slides]
Marcador Collage | 0 Comments
O Sábado, 1 de Novembro, "A Ría, na Rúa" estará no Cantón de Ferrol
quarta-feira, outubro 29, 2008 por Saúde e Liberdade !
Participa !!
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Marcador Exposición Colectiva e Magosto Popular | 2 Comments
Roteiro polas Prazas de Ferrol "A Ría, na Rúa"
quarta-feira, outubro 29, 2008 por Saúde e Liberdade !
Marcador Videos | 0 Comments
O 25 de Outubro a Ría estivo na Rúa
terça-feira, outubro 28, 2008 por Saúde e Liberdade !
25.10.2008
http://artabra21.blogspot.com
Música de Balakandra con "Ou iso parecía"
___________
Marcador Videos | 0 Comments
Collage dos 10 murais pintados o 25 de Outubro de 2008, na campaña "A Ría, na Rúa
terça-feira, outubro 28, 2008 por Saúde e Liberdade !
Marcador Collage | 0 Comments
O Mural das Pías anunciando a Campaña "A Ría, na Rúa"
sexta-feira, outubro 24, 2008 por Saúde e Liberdade !
Como prólogo ás xornadas de "A Ría na Rúa" que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e perxuízo que ocasiona a ubicación no interior da nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseiros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.
Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.
O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de "Planta de Gas Fora dá Ría" participando desta marcha artística e solidaria.
E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.
Enlace ao album de fotos
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
Mural no campo de deportes de A Parda, prólogo das xornadas "A Ría na Rúa" Outubro-2008, realizado polos compañeir@s do CCE.
_________
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________
Para acceder ou baixar:
+ info nos enlaces:
Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"
________________
Marcador Campaña, Galerías | 0 Comments
A Ría, na Rúa
quinta-feira, outubro 23, 2008 por Saúde e Liberdade !
Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, e coa colaboración da Concellaría de Cultura, temos deseñada esta actividade. Dez prazas da nosa cidade van ver como, desde un suporte baleiro, xurde unha obra de arte, enriquecéndonos a tod@s.
Son tempos difíciles, pero non podemos amolarnos. A busca cega do beneficio, e a venda absurda e mentirosa de postos de traballo a cambio do noso futuro, estanos a levar a un pozo sen fondo. A Planta de gas é o exemplo máis claro, aínda que, lamentabelmente, non único. Mais nós somos a xente, o pobo, a cidadanía e imos reaxir. Axuda tamén, un pouco de alegría e reflexión para os sentidos e para o espírito; iso é a arte, esa grande creación humana.
A ría, que nos ten dado tanto, vai verter e por uns días, adentrarase terra adentro. Tod@s sabemos que non existiría Ferrol sen ela... non nos suicidemos.
Camiñaremos, avaliaremos, gozaremos da arte e remataremos o dia 1 cun magosto. Un magosto para conxurar a morte coa alegría de vivir. Entre os cadros murais, as gaitas, os aturuxos e as castañas, tamén matinaremos sobre o que non pode ser. Acudide, estades na vosa casa.
Relación de nomes d@s artistas
1 - María Manuela: Centro Cívico de Caranza.
2 - Carmen Martín: Praza de Ultramar.
3 - Novás: Praza do inferniño.
4 - Miguel-Anxo Varela: Praza do Himno Galego.
5 - Suso Basterrechea: Praza de España.
6 - Eduardo Hermida: Praza de Canido.
7 - Nadales: Praza do Concello.
8 - Ladislau da Regueira: Praza da Constitución.
9 - Spela Trobec [sustituida por Gustavo Sequeiro]: Praza de Amboaxe.
10 - Leandro: Praza Vella.
O Roteiro
O roteiro que percorre as dez prazas, empezando por Caranza ás 11:30hs. e rematando no peirao.
As pinturas ficarán en exposición toda a semana nas prazas e o día 1 de novembro, nunha exposición colectiva no Cantón con un Magosto popular con castañas viño e música.
Dende o ano 1999, en ausencia e sen amparo das Administracións
Reganosa é unha ameaza para a vida humana e o medioambiente e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia, no caso dun accidente na Planta ou no gaseiro. Nesta ubicación, dentro da Ría, con 40.000 habitantes ao redor, non hai Plan de Emerxencia capaz de facer fronte a catástrofe que provocará, adosado como está ademais ao Complexo Petroquímico, “Forestal del Atlántico”.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol dende ano 1999, en ausencia e sen amparo das Administracións, veuse na obriga de defender a Vida, a Ría e a Legalidade ameazadas pola construcción da Planta de Gas de Reganosa. Hai tres sentenzas favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirman que Reganosa está baseada nunha flagrante ilegalidade e non cumpre coa normativa esixida para a construcción deste tipo de instalacións. Dúas sentenzas anulan a falsa tramitación ambiental que fixo Reganosa. A terceira sentenza anula o cambio de usos dos terreos nos que se construíu a Planta. A modificación do Plan Xeral de Ordenación de Mugardos, feita polo Concello, que serviu para que se instalara a Planta, é ilegal como ven de sentenzar dito Tribunal.
A regasificadora entrou ilegalmente en funcionamento o 4 de maio de 2007, como ilegais tamén foron as entradas na Ría dos 31 gaseiros que abasteceron, ate o momento, a Planta.
O pasado 6 de xuño o gaseiro “LNG Rivers”, a causa do forte vento, tivo que abortar a primeira entrada na Ría, facendo unha perigosa manobra. Ante este feito o Comité Cidadán pediulle ao Ministerio de Fomento, aclaración do acontecido. Na súa explicación o Ministerio asume o incumprimento da normativa que regula a entrada de gaseiros, antepoñendo os intereses de Reganosa as nosas vidas e seguridade.
Estamos diante do maior fraude cometido no noso país coa escusa de que o gas é estratéxico para Galicia. Pretexto que como vemos queda invalidado pois, como recollen os medios de comunicación estes días, o capital vende ao mellor postor e Reganosa pode pasar de capital galego a catalán, italiano,... Mentres a Administración e o Goberno fan caso omiso das Sentenzas dos Tribunais. O Comité vai chegar até o final, que non pode ser outro que o de que Reganosa e a súa planta de gas se vaian fora da ría de Ferrol.
Difundir:
Para acceder ou baixar a propaganda da campaña:
______________Marcador Campaña | 0 Comments
Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"
quarta-feira, outubro 22, 2008 por Saúde e Liberdade !
Organizado polo Comitá Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
25 de outubro, ás 10 h. 10 pintor@s en 10 prazas da nosa Cidade, comezaran a realizar sendas pinturas murais que trasladarán as nosas Rúas, a nosa Ría e a problemática da Planta de Gas,.
Ás 11,30 h., partindo do Centro Cívico de Caranza, iniciarase un Roteiro que percorrerá a cidade hasta o Peirao, visitando cada unha das obras pictóricas e amosando ós artistas o agradecemento pola súa colaboración e compromiso en defensa da Ría e da vida.
Invítase a toda a cidanía a participar neste Roteiro, portando as camisetas "Planta de Gas fora da Ría".
As obras ficarán expostas nas propias prazas, toda a semana,
O día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.
Colabora a Concellería de Cultura de Ferrol.
Itinerario do Roteiro:
Saída ás 11,30 do Centro Cívico de Caranza – Avda. Castelao – Marques Sta. Cruz – Sartaña – Nova de Caranza – Chile – Praza de Ultramar – Venezuela – Villa Soledad – Estrada de Castela – Praza do Inferniño – Avda. Viveiro – Estrada de Castela – Monumento Porta Nova – Ramón y Cajal – Avda. Esteiro – Españoleto – Praza do Himno Galego – Españoleto – Praza de España – Galiano – Carmen – Sol – Terra – Praza de Canido – Concepción Arenal – María – Terra – Praza de Armas – Terra – Praza da Constitución – Igrexa – Concepción Arenal – Dolores – Amboaxe – Real – San Francisco – Praza Vella- Peirao de Coruxeiras. (Duración aprox. : 2 horas)
________________
Difundir:
Para acceder ou baixar:
Cartaz en formato pdf
Folleto en Formato pdf
_______________
Enlaces Relacionados:
A Ría na Rúa
Marcador Campaña | 0 Comments